CCOO de Industria | 4 julio 2025.

O primeiro Consello Federal de CCOO Industria Galicia reforza a axenda sindical pola Lei de Industria e a xornada de 37,5 horas.

  • CCOO Industria Galicia celebrou hoxe en Ferrol o seu primeiro Consello Federal tras o 13.º Congreso Confederal, coa participación de 41 delegadas e delegados que representan ao conxunto da organización na nosa comunidade.

O encontro marca o inicio dunha etapa de traballo intenso para afrontar os retos industriais e laborais que ten por diante a clase traballadora galega. Entre as persoas convidadas asistiron, desde a Federación Estatal, o Secretario Xeral, Francisco San José e Satur Lagar, responsable de Organización de CCOO Industria Estatal.

25/06/2025.
Consello Industria Galicia 25-6-25

Consello Industria Galicia 25-6-25

CCOO Industria Galicia celebrou hoxe en Ferrol o seu primeiro Consello Federal tras o 13.º Congreso Confederal, coa participación de 41 delegadas e delegados que representan ao conxunto da organización na nosa comunidade. O encontro marca o inicio dunha etapa de traballo intenso para afrontar os retos industriais e laborais que ten por diante a clase traballadora galega. Entre as persoas convidadas asistiron, desde a Federación Estatal, o Secretario Xeral, Francisco San José e Satur Lagar, responsable de Organización de CCOO Industria Estatal.

Durante a apertura, Francisco San José, secretario xeral da Federación Estatal de CCOO Industria, agradeceu a acollida e subliñou que «a redución efectiva da xornada semanal a 37,5 horas e unha Lei de Industria ambiciosa esixen unha mobilización sostida». Así mesmo, explicou os recentes axustes organizativos da estrutura federal, destacando a incorporación dunha figura de soporte técnico que reforzará a negociación colectiva e a política industrial.

A continuación, o noso secretario xeral, Pedro Comesaña Nandín, reiterou as palabras de Francisco San José sobre a urxencia de reducir a xornada laboral a 37,5 horas e realizou un balance dos tres primeiros meses da nova Executiva galega. Comesaña sinalou que:

● «Estamos a renovar os nosos plans de traballo cunha aposta firme pola comunicación para visibilizar a acción sindical que xa desenvolvemos».

● «En saúde laboral constituímos un grupo sobre coeficientes redutores e avanzamos en auditorías formativas».

● «Poñemos en marcha auditorías internas de finanzas para garantir transparencia e eficacia».

● «O novo plan de afiliación irá acompañado de apoio directo ás seccións sindicais, cun proxecto transversal de igualdade».

● «Lanzaremos unha campaña sobre persoas fixas descontinuas, moi presentes en sectores como a conserva, para dignificar as súas condicións laborais».

● «Defendemos as enerxías renovables como motor dunha transición xusta e emprego de calidade, pero esiximos controlar o prezo da enerxía para evitar máis desindustrialización».

● «Abramos un debate público sobre a minería de minerais estratéxicos que garanta sustentabilidade ambiental e dereitos laborais».

Comesaña reiterou ademais o compromiso internacionalista da organización e tivo un xesto solidario ao lembrar a mención acordada no 13.º Congreso Confederal sobre o conflito en Palestina, reafirmando que «a paz e os dereitos humanos son inseparables da nosa acción sindical».

Por último, o Consello Federal aprobou o seu regulamento interno e a ampliación da Comisión Executiva, fortalecendo así a estrutura da federación para os próximos anos.