CCOO de Industria | 7 agosto 2025.

CCOO Industria de Galicia reclama ante a Consellería de Sanidade de forma urxente a constitución dunha mesa de traballo para tratar todos os temas relacionados coa precariedade da Saúde no Traballo no sector conserveiro

  • Ferrol, 28 de xullo de 2025

Dende a Federación de Industria de Galicia de CCOO denunciamos abertamente a precariedade da Seguridade e Saúde no sector conserveiro de Galicia. Un sector altamente feminizado onde a muller traballadora realiza maioritariamente traballos que requiren dunha baixa cualificación, tendo case imposible acceder a postos de dirección ou xestión, creándose un teito de cristal. 

28/07/2025.
Traballadores e traballadoras do sector conserveiro durante unha manifestación.

Traballadores e traballadoras do sector conserveiro durante unha manifestación.

Dende a Federación de Industria de Galicia de CCOO denunciamos abertamente a precariedade da Seguridade e Saúde no sector conserveiro de Galicia. Un sector altamente feminizado onde a muller traballadora realiza maioritariamente traballos que requiren dunha baixa cualificación, tendo case imposible acceder a postos de dirección ou xestión, creándose un teito de cristal.

CCOO Industria denuncia que neste sector coinciden demasiados riscos que expoñen ás persoas traballadoras a unha vida laboral precaria:

  • - Discriminación de xénero
  • - Contratos precarios (temporais, fixos discontinuos, ETT, etc)
  • - Saúde laboral case inexistente

A situación agrávase coa extremas condicións laborais e os graves problemas de saúde asociados e que afectan na súa gran maioría ás mulleres.

Os postos de produción, coma serra e corte, empacado, enlatado e fileteado, implican unha maior penosidade e exposición a cambios extremos de temperatura, frío e humidade, así coma a movementos repetitivos e outros trastornos músculo esqueléticos que danan gravemente articulacións e musculatura; sen esquecernos dos riscos existentes en todo o sector coma o ruído e riscos biolóxicos.

Trátase dun traballo altamente artesanal, onde levántanse pesos, hai un ambiente ruidoso, temperaturas extremas e utilízanse moito os brazos, dende os dedos ata o ombreiro. As mutuas non recoñecen enfermidades profesionais ou lesións derivadas deste traballo e ademais disto, é un traballo propenso ao estrés laboral pero non se recoñecen os riscos psicosociais, existindo un acoso por faltas de respecto cara as persoas traballadoras dende os mandos intermedios na maioría das empresas conserveiras. A actuación por parte das mutuas é sempre arbitraría, non recoñecendo coma profesionais as baixas derivadas do traballo ou dando de alta antes de tempo.

A todo isto, súmaselle a mala práxis dos Servizos de Prevención alleos, onde sobre todo na especialidadede Medicina no Traballo, non se leva a cabo de forma adecuada a vixilancia da saúde específica en todoo sector, coma xa denunciamos ante a Inspección de Traballo e ante a Inspección Sanitaria. Dende CCOO Industria Galicia entendemos que este punto é moi importante pois estánse encubrindo Enfermedades Profesionais.

Estes feitos foron denunciados por CCOO ante a Inspección de Traballo en reiteradas ocasións en que se chegara a conseguir grandes cambios, senón que se corrixen situacións puntuais.

Ante este escenario, CCOO Industria Galicia exixe unha batería de medidas urxentes para protexer os dereitos en saúde e seguridade laboral. Entre as principais propostas atópanse a intervención da Inspección de Traballo e Seguridade Social, a implicación do Ministerio de Igualdade e a Consellería de Sanidade. Así mesmo, o sindicato impulsa a negociación colectiva propoñendo o diálogo social para establecer un marco socio-laboral estable e salubre. CCOO quere equiparar os dereitos en saúde e seguridade laboral neste sector co resto de sectores que se toman a seguridade e saúde das súas plantillas en serio.