CCOO de Industria | 23 septiembre 2025.

CCOO gaña as eleccións sindicais en Stolt Sea Farm Cervo e convértese na forza maioritaria

  • A plantilla volve confiar en CCOO para defender os seus dereitos

As eleccións sindicais celebradas hoxe en Stolt Sea Farm Cervo (Lugo) deixan unha clara vitoria de CCOO, que se converte na forza maioritaria grazas ao apoio decidido da plantilla.

17/09/2025.
Instalacions de Stolt Sea Farm en Cervo (Lugo)

Instalacions de Stolt Sea Farm en Cervo (Lugo)

Hoxe celebráronse as eleccións sindicais no centro de Stolt Sea Farm en Cervo (Lugo), onde a plantilla amosou de maneira clara a súa confianza en Comisións Obreiras, que se converte na forza sindical maioritaria neste centro de traballo.

No Colexio de Especialistas, CCOO obtivo 4 delegados, fronte a 2 da CIG.

No Colexio de Técnicos, o resultado foi de 2 delegados para CCOO e 1 para a CIG.

Deste xeito, CCOO suma 6 representantes fronte aos 3 da CIG, consolidando unha maioría sindical ampla que reforza o noso papel como sindicato de referencia na defensa das condicións laborais da plantilla de Stolt Sea Farm en Cervo.

Un resultado que fortalece a acción sindical

Desde CCOO Industria Galicia agradecemos a confianza depositada polas traballadoras e traballadores nas nosas candidaturas. Este respaldo maioritario é o reflexo dun traballo constante, próximo e combativo na defensa dos dereitos laborais, especialmente nun momento clave tras a sinatura do novo convenio colectivo, que supuxo importantes avances en salarios, pluses, conciliación e cobertura social.

Seguiremos ao carón da plantilla

O noso compromiso é claro: seguiremos estando ao carón de cada persoa traballadora, vixiando o cumprimento do convenio e esixindo melloras en materia de condicións laborais, seguridade e estabilidade no emprego.

En CCOO Industria cremos que a organización colectiva é a mellor garantía de futuro. Coa forza maioritaria que nos outorgastes, continuaremos negociando, mobilizando e conquistando novos dereitos para todas e todos.