CCOO de Industria | 26 abril 2024.

Contratación de Persoal Técnico xestión documental Proxecto Empreganav

  • Contratación de Persoal Técnico Proxecto Empreganav

CCOO de Industria - Galicia busca persoal para cubrir unha praza de técnico/a de xestión documental no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización .EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

05/05/2022.
Contratación

Contratación

Titulacións preferentes: Título de diplomado/a universitario/a, ou grao superior en:

Administración e finanzas; Administración e dirección de empresas; Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía; ou similares; Educación social; Traballo social; Relacións laborais e recursos humanos/relacións laborais/ graduado/a social.

Requisitos esixidos: 

Manexo de equipos informáticos: Tratamento de textos, folla de cálculo, correo electrónico, internet, etc...

Experiencia en xestión documental e organización. Difusión material proxectos.

Valorarase:

Lingua Galega (falada e escrita)Nivel avanzado office (Tratamento de textos, folla de cálculo) 

Xornada: Completa

Duración do contrato: Temporal

Centro de Traballo: Locais Federación Industria Galicia (Vigo e, ocasionalmente, Ferrol)

As persoas interesadas enviarán o seu currículum por correo electrónico á dirección galicia@industria.ccoo.es a ATT Eugenia Freire Fajardo antes das 12:00 horas do día 9 de maio de 2022 facendo constar a referencia: Técnico/a 02/2022

NOTA: Unha vez elixida a persoa seleccionada para acreditar titulación presentará o título académico requirido, e para acreditar a experiencia laboral presentará vida laboral máis contratos correspondentes.