CCOO de Industria | 21 diciembre 2024.

Unha Manifestación histórica na Folga Indefinida no Metal de Ourense

  • CCOO Industria califica de fito histórico a Gran Manifestación multitudinaria que xuntou a milleiros de traballadoras e traballadores do metal de Ourense.

A FOLGA INDEFINIDA colle máis forza aínda se cabe cunha manifestación multitudinaria que berra alto e claro que se non se acada un acordo para un convenio xusto no Metal de Ourense, a loita seguerá con máis forza ca nunca.

11/10/2022.

URL | Código para insertar

Folga Indefinida Metal Ourense. 10-10-22

Folga Indefinida Metal Ourense. 10-10-22

As 3 centrais sindicais califican de rotundo éxito esta Folga Indefinida que se prolonga xa por 6 días e que ven precedida de outros 2 días de folga. Segue a parar prácticamente o 100% do sector e centos de traballadoras e traballadores formaron parte dos piquetes, onte houbo cargas policiais.

A patronal segue inmóvil na súa última proposta de un incremento do 4% anual para os anos 2022, 2023 e 2024, ademáis négase a que estes incrementos poidan ser revisados ó remate do ano según o IPC. Pola contra, os sindicatos ven imposible aceptar estas cantidades, xa que condearían á clase traballadora a unha devaluación salarial inasumible para poder manter unhas condicións de vida dignas.

CCOO, CIG e UGT manteñen a súa última proposta, onde esixen un 6,5% para o ano 2022, un 6,5% para o ano 2023 e un 5% para o ano 2024, ademáis da cláusula de revisión ó IPC que garanta o poder adquisitivo para a clase traballadora. Esta proposta ven respaldada pola asemblea multitudinaria que desbordou o salón de actos onde asistiron máis de 300 traballadores do metal e a meirande parte dos asistentes tiveron que ficar de pé pola numerosa asistencia, ademáis da participación masiva nos 2 días de folga, na manifestación que tivo lugar no día 29 e no éxito rotundo do arranque da folga indefinida no día de hoxe.

CCOO e CIG xa realizaron asembleas nos meses de xuño e xullo, onde os 2 sindicatos convocaron tamén unha gran concentración que rematou con movilización dende o despacho da presidencia da CEO ata a sede da CEO de Siderometal o pasado 14 de xullo.