CCOO de Industria | 26 abril 2024.

Gran Éxito no 1º día de Folga no Metal de Lugo

  • CCOO Industria califica de fito histórico a multitudinaria manifestación que xuntou a milleiros de traballadoras e traballadores do metal de Lugo no primeiro día de folga.

O secretario xeral de CC.OO. de industria en Lugo, José Luis López, califica a 1ª xornada de folga como un "apoio espectacular" e "masivo" de tódolos traballadores do metal na provincia de Lugo.

10/05/2023.

URL | Código para insertar

Folga Metal Lugo

Folga Metal Lugo

Os sindicatos CCOO, UGT e CIG reclaman salarios dignos para o convenio do metal de Lugo.

O secretario xeral da federación de industria de CC.OO. en Lugo, José Luis López, destacaba o "apoio espectacular" e "masivo" á mobilización. Considera que lanza "unha mensaxe clara" á patronal para que "se tome en serio» as demandas da parte social neste conflito. 

De non haber acordo na próxima semana, hai convocadas dúas novas xornadas de paro para este mes, os próximos días 23 e 25. Se patronal e sindicatos non alcanzan un acordo, José Luis López advertía que "se convocará unha folga indefinida" tras esa data.