CCOO de Industria | 21 diciembre 2024.

CCOO Industria Galicia anuncia o relevo do seu Secretario Xeral

  • J.C. López Corbacho sae elixido por unanimidade no Congreso Extraordinario celebrado o pasado venres 23 de xuño

CCOO Industria Galicia anuncia en rolda de prensa que Juan Carlos López Corbacho toma o relevo de Víctor Ledo como novo Secretario Xeral de CCOO Industria Galicia

27/06/2023.

URL | Código para insertar

J.C. López Corbacho releva a Víctor Ledo como novo S.X. CCOO Industria Galicia

J.C. López Corbacho releva a Víctor Ledo como novo S.X. CCOO Industria Galicia

O pasado venres 23 de xuño, CCOO Industria Galicia celebrou un consello extraordinario para renovar a Secretaría Xeral. Houbo unha soa candidatura, a de Juan Carlos López Corbacho, a cal foi votada por unanimidade.

Ó consello acodeu Garbiñe Espejo, Secretaria Xeral de CCOO Industria, onde tamén acudiron un amplo grupo dos integrantes da executiva de CCOO Industria a nivel estatal.

Juan Carlos López Corbacho era xa membro da executiva de CCOO Industria de Galicia, na cal representaba a responsabilidade de política industrial, agora pasa a relevar a Víctor Ledo como Secretario Xeral e éste último seguirá formando parte da executiva agora nunha nova responsabilidade.

CCOO Industria Galicia toma esta decisión co motivo de reforzar a liña de actuación que levamos en marcha co proxecto sindical convativo e participativo onde o sindicato teña máis visibilidade e teña máis forza de cara a sociedade.

Tamén incidiron na necesidade de chegar a un acordo satisfactorio no Convenio do metal de Pontevedra. Denuncian as actuacións policiais desproporcionadas nas xornadas de folga vividas en Vigo con razón do Convenio do Metal de Pontevedra, apuntan como responsables das mesmas á Patronal ASIME e ás administracións públicas.

Máis información no audio da rolda de prensa onde recolle as declaracións completas.

Audios asociados

CCOO Industria Galicia anuncia a J.C. López Corbacho como o seu novo Secretario Xeral.