CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Asinamos o Convenio Siderometalúrxico Provincial de Lugo

  • Acordo entre Patronal e os tres sindicatos máis representativos

Tras distintos vaivéns na negociación, e cando as posicións semellaban bloqueadas, conquerimos tras mediación das administracións acadar un acordo plurianual sobre o Convenio Provincial de Sidero de Lugo.

03/03/2016.
O acordo dos tres sindicatos e a patronal evita a posta en marcha do calendario de mobilizacións.

  O acordo terá retroactividade desde o primeiro día (1 de xaneiro de 2013), se ben durante os dous primeiros anos implica conxelación salarial.

  A Patronal abandona a súa pretensión de recoller no texto normativa sobre xornadas irregulares, unha línea vermella para calquera acordo con CC.OO. de Industria.

  Estará en vigor ata o 31 de decembro de 2017, e con el CC.OO., UGT e CIG establecen un paraugas de mínimos que ampare aos 6.000 traballadores e traballadoras do sector.

  A día de hoxe, os compañeiros e compañeiras desta provincia terán unha ganancia de poder adquisitivo do 1,2 % nos seus salarios. Ademais, durante 2016 e 2017 os salarios incrementaranse no 1,5 % anual.