CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Os traballadores e traballadoras de Clece volven a concentrarse nas portas de Navantia Ferrol

    Os traballadores e traballadoras de Clece, que viñan prestando o servizo de loxistica interna nas instalacións de Navantia Ferrol, volvéronse a concentrar hoxe na porta do estaleiro a primeira hora da mañá.

    29/01/2014. Ferrol

    Os 27 traballadores e traballadoras da subcontrata véronse abocados ao despedimento o pasado 31 de Decembro debido á internalización do servizio por persoal do cadro de persoal propio de Navantia.
    Reclaman que Navantia busque solucións para a carga de traballo, xa que "a solución de Navantia non pasa por internalizar servizos destruíndo empregos na industria auxiliar, sinon conseguindo carga de traballo para o estaleiro" e, en todo caso, un compromiso para que "cando volva a haber traballo, que se volva a contar cos traballadores que foron despedidos".

    Por outra banda, tamén reclaman o pagamento de diversas cantidades correspondentes a salarios de decembro, atrasos salariais e irregularidades nas indemnizacións.que a empresa Clece aínda lles adebeda.

    As concentracións continuarán mentres non se acorde unha solución para este colectivo.