CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Na asemblea celebrada en Navantia, cualificaron o flotel de Pemex como "insuficiente"

  • Recordaron tamén que nas compañías auxiliares xa se perderan máis de 3000 empregos
  • Para mañá, día 30, está prevista unha rolda de prensa conxunta dos comités de Fene e Ferrol, ás 11:30 horas
  • Anuncian que seguirán a mobilizarse ata que se cumpran as promesas feitas

Despois da asemblea de hoxe, máis de 2.000 persoas saíron en manifestación polas rúas de Ferrol ata a oficina de Correos da cidade, para cursar unha serie de cartas dirixidas a todos os grupos políticos do parlamento, pidíndolles o seu compromiso co dique flotante e a correspondente asignación orzamentaria para esta obra.

29/01/2014. Ferrol

Ferrol acolleu esta mañá con alegría contida o anuncio de que Navantia fabricará un dos dous floteis de Pemex. Os traballadores e traballadoras do esaleiro ferrolán celebraron unha asemblea para abordar a repercusión do encargo, que cualificaron de «insuficiente», por canto xerará, no momento máis forte de actividade, ocupación para 500 persoas. Nembargantes, tod o cadro de persoal das factorías da ría, máis de 2.300 personas, están sen faena e xa se destruíron 3.000 postos nas compañías auxiliares. Por elo, os operarios insisten en que é necesario que se cumpran outros compromisos pendentes, como a construcción do dique flotante para a división de Reparacións da ría, que daría ocupación para 900 traballadores e traballadoras durante dous anos e xeraría outros 500 na súa fase de explotación.

Tras a asemblea, preto de 2.000 empregados directos e das auxiliares dirixíronse cara ao Edificio de  Correos, onde os membros do comité presentaron unha carta dirixida a todos os grupos parlamentarios para instarlos a que se pronuncien todos favorablemente no Congreso a esta demanda e se consignen partidas para o seu financiamento. Anuncian que continuarán coas mobilizacións ata acadar os contratos prometidos.