CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Os traballadores e traballadoras de Acciona en Navantia Fene-Ferrol temen un recorte brutal do cadro de persoal

    A nova axudicataria do servizo de limpeza nos estaleiros da ría so traballará nas oficinas dous días e nos talleres tres.

    04/02/2014.
    Imaxe da concentración dos traballadores e traballadoras de Acciona na porta de Navantia Ferrol.

    Imaxe da concentración dos traballadores e traballadoras de Acciona na porta de Navantia Ferrol.

    Navantia axudicou a limpeza dos seus estaleiros de Fene e Ferrol á empresa Alcomar, con sede en Puerto Real (Cádiz), e, segundo denunciaron os traballadores e traballadoras, que realizaba ata o de agora estas tarefas, reducirá drásticamente o servizo. Así, limpiará as oficinas dous días á semana e os talleres, tres, en vez de a diario, como se viña realizando ata o de agora, e por un orzamento que implica un recorte de dous millóns e medio de euros en dous anos. Daniel Varela, presidente do comité de empresa de Acciona en Navantia, calculou que coas novas condicións o cadro de persoal,formado por 104 personas na antiga Bazán e outras 36 en Fene, poda verse reducida dunha maneira moi sinificativa. Víctor Ledo, traballador de Acciona e secretario xeral do sindicato comarcal Industria de CC.OO. en Ferrolterra, denunciou unha «presunta baixa temeraria» por parte da empresa e anunciou que non admitirán recortes de persoal nin das condicións laborais. Ademais, advirteu do deterioro das condicións de seguridade e saúde laboral que supón para os traballadores a reducción da limpeza nos talleres e subliñou que este novo contrato é unha proba de que o encargo do flotel non dará ocupación para o sector.




    O cadro de persoal de Acciona, que ten adquirido o dereito de subrogación por parte do novo axudicatario, concentrouse entre as dez e as doce da mañá de hoxe diante do edificio de dirección na factoría ferrolá en sinal de protesta. Mañá, mércores, celebrarase unha reunión entre o comité de Navantia e a dirección para abordar este conflicto.