CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Industria de CCOO de Ferrol denuncia os incumprimentos dos acordos asinados no ERE de Ateínaval (ATENASA), auxiliar de Navantia

    Na empresa Ateínaval (ATENASA, auxiliar de Navantia) tíñase acordado un ERE suspensivo por causa produtivas co conxunto do cadro de persoal. A pesar disto, onte remiteu seis cartas polas que despedía a outros tantos traballadores suxeitos ao dito ERE "por motivos económicos".

    07/02/2014. Ferrol
    Imaxe dos traballadores de ATEÍNAVAL na concentración desta mañá

    Imaxe dos traballadores de ATEÍNAVAL na concentración desta mañá

    A empresa ATEÍNAVAL (ATENASA)incumpre o ERE suspensivo negociado e acordado cos seus traballadores e traballadoras como saída á situación de falla de carga de traballo no estaleiro. A pesar da boa fe demostrada por ambas as dúas partes durante a negociación e sinatura do ERE (por causas produtivas), onte enviaron cartas de despedimento a seis traballadores argumentando "causas económicas?, ou sexa, despedimentos por causas obxectivas, o cal provocou a resposta inmediata do conxuntos dos traballadores, que hoxe á mañá concentráronse nas oficinas de ATEÍNAVAL no Polígono do Río do Pozo. Para o luns teñen prevista unha nova concentración na porta de NAVANTIA Ferrol, onde se aprobarán novas medidas de presión para que a empresa cumpra os acordos asinados.

    Data.- 10 de febreiro de  2014

    Lugar.-  Porta de Navantia Ferrol do Cantón

    Hora: 12 h.

    Tema: Medidas a abordar perante a actitude de ATENASA  ao rachar os acordos cos traballador