CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Navantia Ferrol e as compañías auxiliares aproba cinco novas mobilizacións pola carga de traballo

  • A primeira delas xa se celebrou hoxe ata a Praza do Concello de Ferrol
  • No chan da Praza de Armas estaban pintadas as demandas dos traballadores e traballadoras "Carga de traballo" No chan da Praza de Armas estaban pintadas as demandas dos traballadores e traballadoras "Carga de traballo", "Veto non", "Dique si".
  • Agardando o flotel e sen noticias do buque de Montoro

Os traballadores e traballadoras de Navantia e das súas empresas auxiliares aprobaron esta mañá nunha asemblea xeral un novo calendario de mobilizaciones, con cinco protestas, en demanda de máis encargos. A primeira delas materializouse hoxe mesmo, cunha marcha ata o Concello de Ferrol. Os operarios debuxaron no chan os lemas «Carga de traballo», «Veto non» e «Dique sí», que resumen as súas principais reclamacións, e insisten en que a obra do flotel para Pemex non é dabondo para garantir ocupación aos estaleiros da ría ferrolá.

26/02/2014. Ferrol
Imaxe da pintada dos lemas no chan da Praza de España en Ferrol.

Imaxe da pintada dos lemas no chan da Praza de España en Ferrol.

Os traballadores e traballadoras tamén están chamados a participar mañá, xoves, ás oito da tarde na manifestación convocada pola Alianza Social Galega (ASG) contra os recortes nos distintos ámbitos e tamén a saír á rúa o vindeiro 4 de marzo, cadrando co Antroido, aínda que anuncian que non interferirán no desenvolvemento  desta celebración. O 12 de marzo secundarase un peche no estaleiro ferrolá e, a partir das catro da tarde, unha andaina ata a factoría de Fene, para pedir a súa reactivación e que se activen as xestións para que remate o veto á construcción civil. O día 27 levarase a cabo unha nova manifestación ata a sede da Axencia Tributaria, e  para finais de marzo ou principios de abril, unha mobilización de ámbito comarcal.

Segundo Ignacio Naveiras, voceiro do comité de Navantia-Ferrol, "desde o 1 de decembro estamos sen carga de traballo tanxible, estamos cos preliminares dun flotel sobre o que seguimos sen datas concretas... e antes das eleccións europeas, Montoro anunciaba novo barco pero sen dar máis datos".

 Naveiras insistiu en que "o ministro de Facenda xa nos acostumou ás súas mentiras, agora fala de unha nova unidade militar que debería dotar de traballo a Ferrol... sobre todo despois de que Navantia decidise non facer o flotel coa axuda de Fene". A protesta concentrouse perante o Concello de Ferrol, "para que o PP cumpra os seus deberes, negocie con Bruxelas para rematar o veto de forma inmediata e acade dunha vez o dique flotante tal e como prometeu". Os traballadores e traballadoras insisten en que "xa non cremos nada ata que cortemos a chapa".