CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Continúan as mobilizacións en demanda da carga de traballo en Navantia Fene e Ferrol

  • Onte saíron de novo ás rúas de Ferrol coa fín de recordarlle a Montoro a súa promesa no Parlamento de fabricar un buque militar para paliar a falla de carga de traballo

Para este domingo está prevista unha manifestación en Ferrol, con saída ás 12 h. do Inferniño, en demanda de carga de traballo (o dique flotante) e para pedir a fín do veto que impide a construcción civil en Navantia Fene. O barrio fenés de San Valentín, antigas vivendas de Astano, están cheas de pinturas de aopio aos traballadores e traballadoras

28/03/2014. Ferrol
Imaxe do cartel da manifestación do vindeiro domingo, día 30 de marzo.

Imaxe do cartel da manifestación do vindeiro domingo, día 30 de marzo.

Non pensan parar nas súas mobilizacións. Os traballadores e traballadoras do naval ferrolá manifestáronse onte ata a Delegación de Facenda portando unha maqueta que representa a fragata que prometeu Montoro no Parlamento para dotar de carga de traballo a Navantia. Á dita maqueta, bautizada irónicamente como "La Prometida", prendéronlle lume na rúa. Logo volveron aos seus postos de traballo.

Realizouse un chamamento á asistencia do conxunto da cidadanía de Ferrolterra á manifestación prevista para este domingo, día 30 de marzo, que sairá ás 12 h. do Inferniño, en Ferrol, convocada polos comités de empresa de Navantia Fene e Navantia Ferrol, así como polos delegados e delegadas das compañías auxiliares dos estaleiros. CCOO de Industria apoia masivamente a dita mobilización, porque estamos convencidos de que é a única maneira de acadar os obxectivos de carga de traballo que nos formulamos.

O lema da manifestación é "Veto non, Dique sí". Apoian expresamente esta mobilización os concellos de Ferrol, Ares, Neda, As Pontes, A Capela, San Sadurniño, Mugardos; Monfero e Narón.

Seguindo co importante número de apoio que van sumando as demandas dos traballadores e traballadoras, na barriada de San Valentín en Fene, antigas vivendas de Astano, onde viven moitas parsoas que traballaron ou traballan en Navantia Fene, organizouse unha pintada colectiva, na que participaron cantidade de artistas ferrolás e para a que os veciños e veciñas cederon as paredes das súas casas, titulada "Mar e Ferro", que pon en relevo a importancia que teñen estes dous elementos na vida dos cidadáns de Ferrolterra.