CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Os traballadores e traballadoras de Navantia Fene-Ferrol e das auxiliares non deixan de recordar a falla de carga de traballo

  • Estas datas vacacionais deben servir para lembrar a situación dos estaleiros de Ferrolterra

Os traballadores e traballadoras de Navantia Fene-Ferrol, así como os das compañías auxiliares dos estaleiros, non descansan. Teñen uns días libres, pero antes prepararon unha serie de pancartas para colocar nas principais vías de acceso ou de paseo en Ferrol, para que ninguén se esquecera da súa demanda: carga de traballo, fín ao veto á construción civil, e tamén a construción dun dique que permita competir en máis mercados tanto de construción como de reparación.

21/04/2014. A Coruña

O persoal de Navantia segue na loita, e non van permitir que as súas demandas se esquezan. Pola contra, nestas datas festivas, quixeron que tamén o sector naval tivera a súa presenza.

Están colocadas unas pancartas desde antes da ponte destes festivos nas principais vías de acceso a Ferrol: una no parque de Ferrol Raíña Sofía, outra naentrada da autoestrada á altura do complexo hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos, outra na entrada a Ferrol pola estrada da  Trinchera, e outra nas Pías, á altura de Caranza, para que todas as entradas en Ferrol quedaran cubertas.