CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Os traballadores e traballadoras de Navantia da Ría de Ferrol aprobaron hoxe un novo calendario de mobilizacións

    Empezaron esta mesma tarde, ás 19 horas, cunha ruidosa concentración diante do Concello de Ferrol, na Praza de Armas, para facer oír as súas xustas demandas de carga de traballo, levantamento do veto á construcción civil e a favor da obra do dique flotante. Estas mobilizacións terán continuidade o vindeiro 8 de maio, e nunha data sen concretar, máis próxima ás eleccións europeas do 25 de maio.

    24/04/2014. Ferrol
    Imaxe da concentración de hoxe diante do Concello de Ferrol.

    Imaxe da concentración de hoxe diante do Concello de Ferrol.

    Despois de tres anos de mobilizacións, os traballadores e traballadoras de Navantia da Ría de Ferrol,así como das compañías auxiliares dos estaleiros, retoman as súas protestas. Non van permitir que a campaña electoral para as eleccións europeas do 25 de maio sexa outra subasta de promesas sen contido real. Por iso, una cantidade importante de persoas traballadoras concentráronse de maneira moi ruidosa hoxe diante do Concello de Ferrol, ás 19 h., mentres se celebrababa o derradeiro pleno municipal do mes de abril. Os representantes sindicais de Navantia Fene e Navantia Ferrol e os das compañías auxiliares entraban con carteis onde expresaban as súas demandas de carga de traballo, dique si e veto non.
    Segundo as palabras do voceiro do Comité de Navantia Ferrol, Ignacio Naveiras (CCOO), "non imos permitir que a campaña electoral sexa a escusa para facer promesas baleiras de contido e que non son máis que cortinas de fume para agachar os problemas reais de Navantia: a falla de carga de traballo e o pouco interés político en poñerlle solución. Cal vai ser o barco de Montoro, cando se vai empezar a cortar chapa, cando se van asinar contratos que permitan a normal actividade nos distintos centros? Por iso nos imos intervir directamente nesta campaña, e por iso estaremos no Concello, para lembrarlle ao alcalde, que está desaparecido, que representa a toda a cidadanía ferrolá, e ten que lembralo dentro do seu partido, que tamén goberna a Xunta e a nivel estatal "
    O contido das seguintes mobilizacións irase concretando en función do desenvolvemento dos acontecementos.