CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

El buque de acción marítima no es la solución para Navantia

    A construción dun BAM nos estaleiros da ría de Ferrol non soluciona o problema de falla de carga de traballo que sofren os traballadores e traballadoras de Navantia. En palabras do voceiro do comité de empresa, Ignacio Naveiras, non é casualidade que o anuncio deste novo contrato se faga en Santiago, onde se desprazou o presidente da SEPI para facer o anuncio, rodeado de Núñez Feijoó, presidente da Xunta de Galicia, e de Rey Varela, alcalde de Ferrol, ambos os dous do PP, no derradeiro día previo ao inicio da campaña electoral cara ás eleccións europeas.

    09/05/2014. Ferrol

    "¿Por que non o fixeron en Ferrol? ¿Teñen medo de que demostremos que eses datos publicados masivamente nos medios de comunicación non son certos e que o estaleiro non ten cubertas todas as súas posibilidades de traballo?. Aínda que saúdan este contrato, insisten en que non é dabondo, nin siquiera para o cadro de persoal da empresa principal. "Necesitamos un contrato que garanta o traballo para todos e todas", insiste Naveiras, na asemblea previa da manifestación celebrada o día 8 ata a delegación de Facenda en Ferrol.

    Unha vez chegados alí, os traballadores e traballadoras "construíron" un LHD, barco que, segundo a súa opinión, cubriría a carga de traballo de maneira suficiente.

    Seguindo coa campaña de mobilizacions, o día 9, venres, ás 12 h., os membros do comité de empresa farán unha pegada de carteis na antiga porta de Navantia, chamada a de Carlos III, esixindo solucións definitivas para o sector naval de Ferrolterra., as cales serían máis carga de traballo xa, levantamento do veto á construción civil e construción do dique flotante co obxectivo de abrir máis mercados en reparacións de grandes buques.