CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Comunicado do comité de empresa de Navantia Ferrol

    O comité de empresa de Navantia-Ferrol, tras dous días de paro técnico decretado pola dirección da factoría, quere denunciar:

    01/07/2014. Ferrol
    Imaxe dunha concentración dos traballadores e traballadoras de ALCOMAR na porta de Navantia-Ferrol.

    Imaxe dunha concentración dos traballadores e traballadoras de ALCOMAR na porta de Navantia-Ferrol.



    1.- A responsabilidade non é dos traballadores e traballadoras nin de Navantia nin de Alcomar, senón da dirección de Navantia. O estado de falta de hixiene e salubridade xeral na fábrica é produto dun modelo de subcontratación centralizado en Madrid que asume ofertas temerarias, xa denunciado sindicalmente, e que pretende desregularizar os dereitos laborais dos traballadores e traballadoras.

    2.- A irresponsabilidade de Navantia asistindo impasible durante días ó recrudecemento dun conflito sen que a empresa princiapal mediara, no mesmo a pesar de coñecer as gravísimas repercusións que suporía.

    3.- A actitude muda dos responsables políticos que sustentan á dirección de Navantia. En especial é chamativo que a día de hoxe se descoñeza a opinión do PP en Ferrol y en Galicia, sobre que un centro produtivo da importancia de Navantia-Ferrol sexa paralizado durante días con risco certo de perda de clientes en Reparacións, Turbinas e na xeneración de emprego.

    Por todo elo reafirmámolo noso apoio ós traballadores e traballadoras de Alcomar, e esiximos:

     A solución ó conflito e o regreso á normalidade produtiva de maneira inmediata.

     O cese da dirección de Navantia responsable desta adxudicación

     Un posicionamento do Concello de Ferrol, da Xunta de Galicia e da SEPI ante este feito avergoñante.