CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Xuntanza Mesa de Apoio o Emprego no Sector Naval de Vigo

    O pasado venres, 4 de xullo, no edificio administrativo da Xunta en Vigo, deronse por reanudados os traballos en torno a Mesa de Apoio O Emprego no Sector Naval, Foro creado no ano 2010 e que definira en febreiro dese ano a Acreditación Sectorial que emiten as oficinas do Servizo Galego de Emprego e que se require os traballadores do sector en estaleiros.

    07/07/2014. Vigo

    O nomeado foro de emprego deixarase  de reunir nos últimos tres anos dada a escasa incidencia da contratación no sector, si ben foi requirido o 30 de Maio pasado formalmente polas tres centrais sindicais  a necesidade de reanudar os traballos no entorno desta mesa de dialogo, onde se sentan todos os estaleiros, as patronais sectoriais ASIME e Instalectra, a administración autonómica e a Inspección de traballo cos tres sindicatos.

    Dende CCOO temos trasladado a necesidade de reforzar a resposta  sectorial diante de problemas estruturais  que afectan o naval:

    1. Ordeación do tempo de traballo, que dé como resultado o nivel máis alto en emprego, e a transición a unha xornada ca menor incidencia de  horas extraordinarias.

    2. Evaluación concreta da situación de emprego e desemprego no sector: cantos traballadores e traballadoras acreditados están no paro, dos que están traballando cantos cambiaron de sector, emigraron,  se xubilaron anticipadamente... en definitiva cal e o nivel de forza de traballo cualificada dispoñible.

    3. Evolución do impacto da crise no volume e no numero de empresas auxiliares.

    4. Estimación o máis concreta posible das previsións de emprego para o segundo semestre do 2014.

    5. Vincular a imaxe do  naval na nosa ria co consenso e o dialogo que dé respostas anticipadas aos problemas en relacións laborais, en materia de cumprimento normativo, prevención de riscos e saúde laboral, formación, tempo de traballo e emprego.

    6. Ir tecendo maiores niveis de colaboración entre os axentes económicos e sociais que redunden nun mellor posicionamento comercial.

    Tendo xerado un amplío consenso todas as apartacións, convense manter a vindeira  xuntanza  o próximo dia 9 de setembro.