CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

CCOO, UGT e CIG convocar folga indefinida a partir do 30 de outubro na Gestamp Porriño

    A multinacional abócanos a tomar esta decisión, despois do plazo que se lle deu para evitar o conflito e na xuntanza de onte, non aportou solucions as peticións do comité de empresa, xa que nin garantizan o emprego, nin ofertan carga de traballo para os próximos anos para o total da plantilla actual.

    24/10/2014. Vigo

    Recordar que as intencións da empresa son as despedir a un total de 85 traballadores/as como primeiro paso, dado que pouco a pouco van a ir finalizando os proxectos, atopandonos cún ano 2018 deserto industrialmente falando. Por tanto estamos a falar dunha deslocalización encuberta e paulatina onde non nos cabe a menor dubida que abocara en un peche definitivo das instalación de Gestmap en Porriño.

    Somos conocedores de que a multinacional española ten múltiples proxectos pero non quere adjudicar ningún na planta da nosa comunidade, optando por outras plantas, xa sexan no resto do estado Español, coma en Portugal onde ten 3 plantas.

    Mencionar tamén que pese as maniobras da empresa de desplazar unilateramente e sen
    informar a comisión de seguemento de varios días de ERE para así traballar e facer stock, o total da plantilla vai pelexar polos seus postos de traballo e defender o futuro dunha empresa con mais de 40 traballadores/as.