CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Xuntanza do Grupo de Traballo do Sector da Automoción de Galicia

    CCOO de Industria, o Sindicato Nacional e CCOO de Industria de Galicia reuníronse durante o día de hoxe para analizar a estratexia a seguir no futuro inmediato ante o grave desafío proposto polas empresas da automoción.

    27/10/2014. Santiago

    As organizacións de CCOO concernidas pola ameaza de deslocalización produtiva e de recortes salariais (exemplificadas por Citroën e Gestamp en Vigo) analizaron o desafío ante o que se atopan os traballadores do sector.

    As conclusións son contundentes: cómpre establecer un calendario de mobilizacións no inmediato. Non hai tempo que perder. As multinacionais teñen moi decidida a súa estratexia, e temos que parar o golpe xa.