CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Os traballadores de IROSA, fartos dos retrasos nos cobros

    Unha vez máis, os traballadores e traballadoras pagan a crise asumindo sacrificios por unha situación que non provocaron: neste caso, prestando diñeiro constantemente ao seu empresario.

    18/12/2014. Ourense
    CCOO de Industria analizando a situación da fábrica

    CCOO de Industria analizando a situación da fábrica

      CCOO celebrou onte unha moi masiva asemblea xeral dos traballadores e traballadoras de IROSA no Barco de Valdeorras. Nela tratáronse diversos asuntos relacionados coa actualidade da pizarreira, desde a súa situación económico - financeira como a preparación do inminente proceso electoral.

      Na quenda de palabras dos afiliados e afiliadas (en número case de cen) quedou patente o fastío das persoas por levar meses cobrando con retraso: nalgún momento chegaron a ser cinco nóminas incobradas, e agora estamos en só dúas. Pero se non lle esiximos un pulo á empresa, podemos atoparnos, no prazo dunha semana, a termos débedas de catro salarios (tendo en conta que están pendentes as dúas pagas de Nadal).

      CCOO de Industria, como sindicato maioritario na fábrica, comprométese a facer as xestións pertinentes ante a dirección da empresa para que esta situación non acade o carácter de crónica.