CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Os traballadores de Alcoa - A Coruña continúan na loita

    O pasado xoves día 29 os traballadores e traballadores de Alcoa - A Coruña concentráronse diante da Delegación do Goberno en demanda da derrogación do modelo de poxa inversa como sistema de adxudicación dos incentivos por interrompibilidade.

    31/01/2015. A Coruña
    Saída da concentración

    Saída da concentración

    Como todos e todas sabedes, a fábrica salvou o seu futuro nos últimos días do pasado ano, igual que sucedeu coa planta irmá de Avilés. Pero o conflito continúa, e ninguén garante que non se vaia anunciar o peche dos dous centros de traballo para 2016. E todo porque non se atallan as causas últimas de que a continuidade e a estabilidade do emprego industrial pendure dun finísimo fío, como sucedía coa espada que apuntaba á cabeza do desgraciado Damocles.

    E o Ministro Soria mirando para outro lado ...