CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Unha quincena de delegados de CCOO na siderúrxica Alcoa reúnense en A Coruña

    Hoxe, mércores, tivo lugar unha xuntanza de delegados de CCOO nas tres plantas que actualmente a multinacional Alcoa ten en España (Avilés, San Cibrao e A Coruña). A xuntanza foi convocada polo responsable estatal da siderurxia, José Manuel Casado, e a ela asistiron tamén o responsable de Política Industrial e o secretario xeral de CCOO de Industria de Galicia, José Hurtado e Víctor Ledo.

    18/03/2015. A Coruña
    Xuntanza de delegados de CC.OO. en ALCOA

    Xuntanza de delegados de CC.OO. en ALCOA

    Os compañeiros delegados da multinacional fixeron fincapé na necesidade imperiosa de resolver dunha vez por todas o problema da interrumpibilidade. As plantas de ALCOA en España son rendibles, só precisan dunha tarifa enerxética razoable por produciren mediante sistemas moi electrointensivos. Unha vez máis, a pelota está no tellado das administracións e, en concreto, do Ministerio de Industria, responsable último de que traballemos todos e todas nun escenario de seguridade xurídica para o medio prazo ou non.

      Anunciouse tamén a celebración da Conferencia da Sección Sindical Intercentros de CC.OO. en ALCOA o vindeiro día 17 de abril, en Ribadeo.