CCOO de Industria | 28 marzo 2024.

O Metal de Ourense vai á FOLGA!!!

  • CCOO, CIG e UGT convocan folga no sector do metal en Ourense polo bloqueo na negociación do convenio.

CCOO, CIG e UGT convocan folga no sector do metal en Ourense. A convocatoria ven motivada polo bloqueo na negociación do convenio. Despois da asemblea de traballadores do metal de Ourense celebrada no día de onte, martes 20 de setembro, onde a participación foi abrumadora, decidiuse por unanimidade convocar 2 días de folga a finais de setembro e con carácter de folga indefinida a partir de outubro.

21/09/2022.
Folga Metal Ourense

Folga Metal Ourense

Os sindicatos CCOO, CIG e UGT, despois de máis de 10 reunións coa CEO (Confederación de Empresarios de Ourense), convocan folga no sector do Metal en Ourense.

CCOO e CIG xa realizaron asembleas nos meses de xuño e xullo, onde os 2 sindicatos convocaron tamén unha gran concentración que rematou con movilización dende o despacho da presidencia da CEO ata a sede da CEO de Siderometal o pasado 14 de xullo.

A gran confrontación ven motivada pola revalorización salarial. A patronal segue inmóvil na súa última proposta de un incremento do 4% anual para os anos 2022, 2023 e 2024, ademáis négase a que estes incrementos poidan ser revisados ó remate do ano según o IPC. Pola contra, os sindicatos ven imposible aceptar estas cantidades, xa que condearían á clase traballadora a unha devaluación salarial inasumible para poder manter unhas condicións de vida dignas.

CCOO, CIG e UGT manteñen a súa última proposta, onde esixen un 6,5% para o ano 2022, un 6,5% para o ano 2023 e un 5% para o ano 2024, ademáis da cláusula de revisión ó IPC que garanta o poder adquisitivo para a clase traballadora. Esta proposta ven respaldada pola asemblea multitudinaria que desbordou o salón de actos onde asistiron máis de 300 traballadores do metal e a meirande parte dos asistentes tiveron que ficar de pé pola numerosa asistencia.

A asemblea acordou por unanimidade convocar folga para os días 28 e 29 de setembro e con carácter indefinido a partir do día 5 de outubro.

Os sindicatos realizarán unha rolda de prensa o luns 26 de setembro para ofrecer máis detalles sobre as negociacións.