CCOO de Industria | 20 abril 2024.

Éxito rotundo na Folga do Metal de Ourense.

  • As traballadoras e traballadores do metal de Ourense pararon todo o sector para desbloquear a negociación do convenio.

As 3 centrais sindicais califican de éxito rotundo a folga. As traballadoras e traballadores do metal de Ourense pararon todo e centos deles percorreron as rúas de Ourense en manifestación.

29/09/2022.

URL | Código para insertar

Folga Metal Ourense 28 e 29-09-22

Folga Metal Ourense 28 e 29-09-22

Os sindicatos CCOO, CIG e UGT, despois de máis de 10 reunións coa CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) e logo destes 2 días folga no sector do Metal en Ourense, vense con moitas forzas de cara a encarar na próxima semana a FOLGA INDEFINIDA.

As 3 centrais sindicais califican de rotundo éxito os 2 días de folga, parou prácticamente o 100% do sector e centos de traballadoras e traballadores déronse cita na gran manifestación que percorreu as rúas de Ourense.

CCOO de Industria, ademáis de declarar o éxito rotundo destes 2 días de folga, califica o vivido coma unha leción de dignidade da Clase Obreira de Ourense.

A gran confrontación ven motivada pola revalorización salarial. A patronal segue inmóvil na súa última proposta de un incremento do 4% anual para os anos 2022, 2023 e 2024, ademáis négase a que estes incrementos poidan ser revisados ó remate do ano según o IPC. Pola contra, os sindicatos ven imposible aceptar estas cantidades, xa que condearían á clase traballadora a unha devaluación salarial inasumible para poder manter unhas condicións de vida dignas.

CCOO, CIG e UGT manteñen a súa última proposta, onde esixen un 6,5% para o ano 2022, un 6,5% para o ano 2023 e un 5% para o ano 2024, ademáis da cláusula de revisión ó IPC que garanta o poder adquisitivo para a clase traballadora. Esta proposta ven respaldada pola asemblea multitudinaria que desbordou o salón de actos onde asistiron máis de 300 traballadores do metal e a meirande parte dos asistentes tiveron que ficar de pé pola numerosa asistencia, ademáis da participación masiva nos 2 días de folga e na manifestación que tivo lugar no día 29.

CCOO e CIG xa realizaron asembleas nos meses de xuño e xullo, onde os 2 sindicatos convocaron tamén unha gran concentración que rematou con movilización dende o despacho da presidencia da CEO ata a sede da CEO de Siderometal o pasado 14 de xullo.