CCOO de Industria | 21 diciembre 2024.

Gran Éxito no 1º día de Folga Indefinida no Metal de Ourense

  • As 3 centrais sindicais califican de éxito rotundo o comezo da Folga Indefinida. As traballadoras e traballadores do metal de Ourense pararon todo e arrancan a Folga Indefinida cunha gran fortaleza e respaldo de todas as traballadoras e traballadores do metal.

Os sindicatos CCOO, CIG e UGT, despois da reunión coa CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) no día de onte, siguen adiante coa FOLGA INDEFINIDA despois de fracasar as negociacións novamente.

05/10/2022.
Arranca a Folga Indefinida no Metal de Ourense.

Arranca a Folga Indefinida no Metal de Ourense.

As 3 centrais sindicais califican de rotundo éxito o inicio desta Folga Indefinida, que ven precedida de outros 2 días de folga, parou prácticamente o 100% do sector e centos de traballadoras e traballadores formaron parte dos piquetes.

A patronal segue inmóvil na súa última proposta de un incremento do 4% anual para os anos 2022, 2023 e 2024, ademáis négase a que estes incrementos poidan ser revisados ó remate do ano según o IPC. Pola contra, os sindicatos ven imposible aceptar estas cantidades, xa que condearían á clase traballadora a unha devaluación salarial inasumible para poder manter unhas condicións de vida dignas.

CCOO, CIG e UGT manteñen a súa última proposta, onde esixen un 6,5% para o ano 2022, un 6,5% para o ano 2023 e un 5% para o ano 2024, ademáis da cláusula de revisión ó IPC que garanta o poder adquisitivo para a clase traballadora. Esta proposta ven respaldada pola asemblea multitudinaria que desbordou o salón de actos onde asistiron máis de 300 traballadores do metal e a meirande parte dos asistentes tiveron que ficar de pé pola numerosa asistencia, ademáis da participación masiva nos 2 días de folga, na manifestación que tivo lugar no día 29 e no éxito rotundo do arranque da folga indefinida no día de hoxe.

CCOO e CIG xa realizaron asembleas nos meses de xuño e xullo, onde os 2 sindicatos convocaron tamén unha gran concentración que rematou con movilización dende o despacho da presidencia da CEO ata a sede da CEO de Siderometal o pasado 14 de xullo.