CCOO de Industria | 4 mayo 2024.

CCOO de Industria de Galicia denuncia un novo accidente mortal no sector industrial do naval privado na ría de Vigo a dramática situación que padece o sector ante as deficientes medidas de seguridade

    CCOO Industria de Galicia denuncia a parte máis triste do mercado laboral e esixe medidas preventivas ás empresas e unha maior vixilancia e control das administracións públicas, especialmente no que se refire á Inspección de Traballo.

    20/09/2023.
    NdP Accidente mortal en Armón

    NdP Accidente mortal en Armón

    CCOO de Industria de Galicia denuncia un novo accidente de traballo mortal. O traballador falecido pertencía a Tecnisa, unha das contratas que traballan para o estaleiro Armón da ría de Vigo.

    En primeiro lugar as nosas condolencias á familia do traballador falecido e o noso apoio e solidariedade aos seus compañeiros de traballo.

    Para este sindicato é inescusable a falta de medidas de prevención que provocan os accidentes de traballo, onde as administracións públicas deben de adoptar medidas urxentes para frear a sinistralidade laboral. Durante o ano 2022 producíronse en Galicia 67 accidentes mortais.