CCOO de Industria | 21 diciembre 2024.

CCOO INDUSTRIA VIGO ANTE OS IMPAGAMENTOS E PECHES EN EMPRESAS DO METAL

    CCOO Industria Vigo denuncia publicamente a deriva das empresas dometal que de forma alarmante están acumulando impagamentos aostraballadores e traballadoras e por conseguinte entrando en fase de liquidación empresarial.

    07/02/2024.
    NdP Impagamentos Empresas Metal Provincia Pontevedra

    NdP Impagamentos Empresas Metal Provincia Pontevedra

    CCOO Industria Vigo denuncia publicamente a deriva das empresas do metal que de forma alarmante están acumulando impagamentos aos traballadores e traballadoras e por conseguinte entrando en fase de liquidación empresarial.

    O Sindicato denuncia a estratexia empresarial, baseada en maximizar os beneficios, como así se pode confirmar con estudos dunha fonte nada sospeitosa como o FMI ou a través dos propios informes do Gabinete Económico de CCOO que acreditan que a inflación serviu e serve para que as empresas aumenten os seus beneficios. Ganancias xeradas a costa do traballo alleo.

    Nos últimos meses son varias as empresas do metal da provincia que veñen arrastrando impagamentos, sendo os traballadores e traballadoras as que, unha vez máis, soportan sobre as súas costas as loitas interempresariais e a concentración do capital cada vez en menos mans.

    Comisións Obreiras Industria fai un chamamento ao conxunto dos traballadores e traballadoras do sector do metal a organizarse sindicalmente nas empresas contra os abusos patronais e contra as chantaxes empresariais.