CCOO de Industria | 13 febrero 2026.

Xa está en marcha a formación do Plan Activa Verde

  • O pasado mes de outubro púxose en marcha o Plan de inserción laboral Activa Verde, no que CCOO Industria-Galicia está a participar xunto con outros axentes sociais e a Xunta de Galicia.

Coma xa sabedes, o pasado mes de outubro púxose en marcha o Plan de inserción laboral Activa Verde, no que CCOO Industria-Galicia está a participar xunto con outros axentes sociais e a Xunta de Galicia.

04/02/2026.
1ª convocatoria de cursos do Plan Activa Verde

1ª convocatoria de cursos do Plan Activa Verde

Coma xa sabedes, o pasado mes de outubro púxose en marcha o Plan de inserción laboral Activa Verde, no que CCOO Industria-Galicia está a participar xunto con outros axentes sociais e a Xunta de Galicia.

 

O plan é gratuíto e consiste nun programa personalizado, práctico e con saídas laborais reais encamiñado á recualificación profesional e inserción laboral, é dicir, se estás traballando podes beneficiarte da formación para mellorar no teu traballo e se estás desempregado podes formarte para voltar ao mundo laboral, ademais de ter a túa disposición outras actividades do Plan coma acompañamento e seguimento individualizado das persoas participantes, apoiando a súa busca ou mellora do emprego.

 

¿Qué requisitos hai que cumprir para poder inscribirse na formación?

 

-        Podes estar traballando ou desempregado a día de hoxe.

-        Debes estar empadroado nalgún destes concellos: Cerceda, As Pontes, Meirama, Cabanas, A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas, Carral, A Laracha, Ordes e Tordoia.

-        Ter traballado nalgún destes concellos entre 2021 e hoxe.

 

 

Xa estamos comezando coa primeira quenda de cursos 100% gratuítos que podedes consultar na imaxe de abaixo.

 

Se estás interesado/a nalgún deles podes cubrir este formulario e poñerémonos en contacto contigo à https://forms.gle/QdpJukyYHzEvetsH8 ou contáctanos nos teléfonos 669769776 ou 649537221.

Enlaces relacionados
Enlaces relacionados