CCOO de Industria | 25 junio 2025.

O T.S.X.G. ratifica a sentenza do social que sancionaba á empresa por intervir nas eleccións

MONTAXES AGORPA, S.L., condenada por persecución sindical a CC.OO.

      O execrable comportamento do xerente da empresa, condeado por ameazas e coaccións nunha xuntanza cos traballadores e traballadoras, merece unha profunda reflexión sobre o que nunca se debe facer.

    20/12/2016.
    CCOO llama a participar masivamente en las elecciones generales

    CCOO llama a participar masivamente en las elecciones generales

     MONTAXES AGORPA, S.L. perpetrou unha auténtica "caza de bruxas" cos 21 candidatos e candidatas de CC.OO. Tanto, que forzou mediante coacción a demisión na candidatura de 13 deles, impedindo de facto que as eleccións se celebraran cunhas mínimas condicións de xogo limpo o pasado mes de febreiro.

      A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 13 de decembro constata como probados todos estes feitos, dando nome e apelidos do seu causante principal: o xerente da empresa Alfonso Otero Montero. Simplemente noxento.