CCOO de Industria | 18 octubre 2025.

OFERTA DE TRABALLO DE ORIENTADOR/A LABORAL

    CCOO de Industria – Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Orientador/a Laboral no marco do Plan de Actuacións Integral (PAI) As Pontes de García Rodríguez – Meirama relativo a mitigar o impacto do peche da minería e centrais térmicas do carbón na comunidade autónoma de Galicia.

    06/10/2025.

    Este é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Confederación de Empresarios de A Coruña, a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías asociadas de Galicia e os sindicatos CCOO e UGT, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do fondo de transición xusta de España 2021 – 2027, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas traballadoras (desempregadas ou non).

    Titulacións preferentes: Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Socioloxía, Educación Social, Traballo Social, Relacións Laborais e Recursos Humanos.

    Requisitos esixidos: manexo de equipos informáticos (tratamento de textos, follas de cálculo, correo electrónico, internet, etc.) e experiencia mínima de 5 anos en proxectos similares de orientación laboral, xestión e execución de programas de integración laboral.

    Valoraráse: lingua galega (falada e escrita) e experiencia en posto similar.

    Centro de traballo: Local de CCOO de Industria en Ferrol.

     

    As persoas interesadas poden enviar o seu currículo por email á dirección galicia@industria.ccoo.es antes das 14.00h do día 8 de outubro.