CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

ISOLUX CORSAN aboca a EMESA a un oscuro e incierto futuro

    En la asamblea del viernes 3 de enero los trabajadores de EMESA dieron un no rotundo a las medidas presentadas por la empresa. Confían en llevar el caso ante la justicia para que decida sobre ellas.

    13/01/2014. A Coruña

    Os traballadores e traballadoras de EMESA en asemblea o pasado venres 3 de xaneiro  derun un non rotundo ás medidas presentadas pola empresa, e encomendaron a esta a que de levalas a cabo sexa a xustiza a que decida sobre as mesmas.

    O Comité de Empresa salienta a falla total e absoluta de disposicón á negociación da dirección de EMESA e do grupo ISOLUX CORSAN, que fixo efectiva a ameaza do aumento do número de despedimentos se os traballadores non aceptaban o ERTE e o despedimento colectivo nas condicións da dirección da empresa, que despediu a 46 traballadores despois de ter afirmado 30 e facendo un ERTE de 12 meses cando chegou a falar de 8 meses.

    Non ofreceu complemento ningún nin garantías de futuro paras os traballadores e traballadoras aos que pretende aplicar o ERTE, xa que non presenta plan de viabilidade ningún.

    Non ofrece ningunha garantía na devolución das prestacións dos traballadores e traballadoras, traballadores que xa perderon case que a totalidade das mesmas non 4 ERE sucesivos que remataron no 2012 e que de levarse adiante este ERTE quedarían sen prestacións por desemprego nin prestación económica de ningún tipo.

    O despedimento colectivo como tal dos traballadores e traballadoras ten como única pretensión a precarización dos postos de traballo na empresa, que viu como nos últimos anos se despediron de diversas formas a preto de 200 traballadores e traballadoras.

    O Comité de Empresa e os traballadores e traballadoras consideran que o cadro de persoal de EMESA non está sobredimensionado, e que este é como os outros: un DESPEDIMENTO SELECTIVO. Demostrao o feito de que durante o pasado ano houbo máis de 120 traballadores e traballadoras de ETT a maiores do cadro de persoal existente.

    Estes DESPEDIMENTOS SELECTIVOS non se consensuaron nin se espuxeron criterios ningúns de selección, demostrando que estes son a dedo e por intereses que van máis alá da viabilidade da empresa, a práctiva totalidade dos menores de 50 anos, persoal que de continuar suporía o seu futuro.
    O Comité de Empresa levará adiante as medidas xudiciais e sindicais precisas para tumbar os despedimentos colectivos e o ERTE formulado pola empresa, medidas lesivas para os traballadores e traballadoras que nos últimos 48 meses xa sufriron 24 meses de ERTE, e que de ir adiante este suporía que de 60 meses estiveran 36 en ERTE.

    Esta situación demostra que en EMESA estas medidas se están a convertir nunha mala costume de aforro e precarización por parte da dirección, máis que unha medida extraordinaria para a súa viabilidade, medidas que só serven para os escuros propósitos do grupo ISOLUX CORSAN e a Dirección de EMESA, e que supoñen unha fraude á actual lexislación laboral.