CCOO de Industria | 23 febrero 2025.

Dende o Sindicato Comarcal de Industria en Vigo estudase demandar xudicialmente os intentos de impoñer convenios propios nas empresas auxiliares do Asteleiro Barreras

    No dia de hoxe, nos locais do sindicato os planteis de varias auxiliares que traballan no asteleiro describiron un panorama dantesco de ameazas coaccións en torno a que debían ter asinado o pasado venrrers convenios de empresa. Nunha sin coñecer o texto do convenio simplemente firmar en branco, noutra cun convenio que contempla rebaixas en todos os conceptos de salarios.

    25/10/2014. Vigo

    Convenio que contempla rebaixas en todos os conceptos de salarios: peón 980 euros,  hora extra 8 euros, indemnización eventual 11 días ano, cando o convenio provincial marca 1.161,97 euros, hora extra 14,75 euros e indemnizacion eventuais 20 días ano. Os importes por dietas ou kilimetraxe reducense e por suposto o nexo común de todos:

    1. Ningún mínimo de plantilla fixa o convenio do metal establece o 50%.

    2. Ningunha limitación ao uso de ETT o convenio limita a sustitucions.

    3. Desvinculación de ter que contratar a traballadores coa credencial naval.

    A afirmación de "O lo firmais mañana (polo pasado venrres) o os echan de Barreras y no volveis a poder entar en el astillero nunca mas" sucedeuse en asembleas convocadas polos empresarios.

    Con mais de 6000 traballadores que levan ata 3 e 4 anos de penurias agardando pola recuperación do sector, xunto cos escasamente 1000 que hoxe traballan nos asteleiros da ria de Vigo estivemos maioritariamente ao fronte do esforzo colectivo dunha cidade e da súa comarca e prol de disputar unha nova oportunidade para o conxunto dos asteleiros, as empresas auxiliares e o conxunto dos traballadores do sector. Para CCOO ese esforzo non merece o despotismo con que esta ser xestionada a empresa auxiliar e os seus traballadores no asteleiro Barreras.

    Dende CCOO INDUSTRIA conscentes da comprometida situación na que se atopa a actividade e o emprego na naval apostamos xunto co resto de organizacións sindicais de ir buscando solucionar entre outras estas problemáticas no entorno da Mesa de Apoio o Emprega do Sector Naval de Vigo da que se levan mantendo dúas xuntanzas en xuño e septembro e que tiña previsto voltar a xuntarse o dia 11 do próximo mes de Novembro,

    Pero os feitos que están acontecendo, a complicidade que están amosando tanto a Xunta como a Autoridade Laboral fainos necesariamente replantexar de que unicamente co dialogo sexa posible garantir que de novo xestións irresponsables no sector naval afecten as posibilidades de dotalo de carga de traballo.

    A dirección de Industria CCOO Vigo non podemos mais que recoñecer o merito dos afiliados dos delegados e os traballadores destes planteis ameazados que se negaron a aceptar a imposición das súas empresas. A empresa será deles, pero o Conevio e Noso. E compromete o inicio de acción legais que denuncien o que esta a pasar, os servicios xuridicos da nosa organización valoran que coa documentación e os testemuños dos que se dispón poden ser tipificados como delito no ordeamento social e penal.